Escoitar

Caballero manterá unha xuntanza coa vicepresidenta primeira Nadia Calviño

O alcalde adiantou que os temas a tratar serán o programa Kit Digital, a necesidade de captar fondos europeos para a automoción e o Grupo Stellantis en Vigo e o PERTE do sector naval.

luns, 27 xuñ 2022
Arquivo: Nadia Calviño co alcalde na súa visita a Vigo
Arquivo: Nadia Calviño co alcalde na súa visita a Vigo

Abel Caballero manterá unha xuntanza coa vicepresidenta primeira e ministra de Economía e Transformación Dixital, Nadia Calviño. Sobre a mesa estará o tema da dixitalización nos municipios e para as pemes, autónomos e microempresas. O plan ten unha partida dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Fondos Next Generation EU por valor de 3.000 millóns de euros.

O alcalde explicou que “é un plan moi importante, necesario para a dixitalización de pemes e comercios, con achega de instrumentos para a dixitalización e apoio loxístico de expertos para os medios dixitais.

Caballero tamén porá de manifesto ante Calviño a importancia de que a automoción e de o Grupo Stellantis reciba fondos europeos para os seus proxectos: “Convicción total de que haberá fondos, os que precise Stellantis para a súa programación”.

O rexedor tamén exporá a situación do Naval en Vigo, xa que o Goberno de España lanzou o PERTE para o sector naval, que prevé unha inversión de 1.460 millóns de euros: “A vicepresidenta coñece moi ben a cidade, a economía e as necesidades que temos”.

Descargar todas as imaxes