Vigo reserva 40.000 euros para iluminar edificios catalogados da cidade
O goberno de Vigo lanza a convocatoria pública para poñer en valor o patrimonio arquitectónico vigués a través da iluminación. A cidade conta con preto de 300 inmobles con grao de protección, segundo informou este venres o alcalde, quen mostrouse aberto a ampliar o orzamento de existir máis demanda.
O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra publicou o pasado venres as axudas para a instalación de iluminación en edificios catalogados, abrindo así o prazo de tres meses para a presentación de solicitudes.
Vigo promove así unha convocatoria dotada de 40.000 euros para os exercicios de 2022 e 2023, programa que será resolto por concorrencia competitiva. “Se houbera máis demanda, poderiamos habilitar máis cantidades porque lle damos importancia”, manifestou Caballero este luns en rolda de prensa. O alcalde subliñou o “clave” de amosar a “parte estética” da arquitectura da urbe.
O Concello subvenciona tanto a execución material da obra como os honorarios da redacción da documentación técnica, cun tope de ata 10.000 euros por edificación residencial colectiva. Na anterior convocatoria, a correspondente aos anos 2020-2021, o goberno local financiou a iluminación ornamental do Moderno, no número 1 de Policarpo Sanz.
As propiedades de preto de trescentos edificios catalogados da cidade poden optar ás axudas do Concello. Son inmobles cun grao de protección monumental, integral e estrutural integrados principalmente nos ámbitos do Casco Vello, o casco histórico de Bouzas e o Ensanche.
Con esta iniciativa, o Concello de Vigo procura impulsar a iluminación de fachadas de edificios históricos da cidade e poñer en valor o seu patrimonio arquitectónico, dunha forma respectuosa co entorno e a veciñanza.