Escoitar

Abel Caballero reclama á Xunta máis de 2.200 millóns de inversións desde o ano 2009

O alcalde cifrou esta mañá en 2.258 millóns a débeda histórica da Xunta coa cidade desde 2009, ano no que Alberto Núñez Feijóo se alzou como presidente do Executivo galego. Vigo recibiu nos últimos 13 anos investimentos por valor de apenas 500 millóns a pesar de reunir ao 11% da poboación de toda Galicia.

xoves, 21 abr 2022

O alcalde reiterou esta mañá que a Xunta ten unha débeda 2.258 millóns coa cidade en inversións desde que Alberto Núñez Feijóo é presidente do goberno autonómico, ano 2009. Segundo as contas que detallou, o Executivo galego debería gastar as súas inversións seguindo criterios poboacionais polo que do total dos máis de 25.000 millóns que o Goberno autonómico investiu nos últimos 13 años, a Vigo corresponderíanlle case 2.780 millóns, mentres que apenas recibiu algo máis de 500 millóns.

En rolda de prensa, Caballero, ademais de denunciar a falta de compromiso orzamentario, criticou accións contrarias aos intereses de Vigo como presentar unha candidatura do Parque das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade co único obxectivo de paralizar á das Illas Cíes; aprobación do artigo 82.4 da Lei 2/2017 que nos obriga a pagar autobuses a usuarios residentes fóra de Vigo; artigo 68 da Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2017 que nos obriga a pagar centros de día e escolas infantís da Xunta; paralización das ramplas da Gran Vía; non permitirnos aplicar a chamada Lei Vigo para modificar os accesos do colexio Párroco don Camilio e para a construción do pavillón de Quirós; non pagan a potabilizadora, negativa a construír o transvase de emerxencia; desmantelamento da caixa de aforros; intento de peche do aeroporto; seguen financiando voos noutras terminais e non en Vigo; negativa a sumar un aparcamento de balde ao que implantou o Concello no Álvaro Cunqueiro; non crearon chan industrial, non achegaron novos recursos ao Consorcio Casco Vello; redución a metade do centro de saúde de Bouzas -o único que construíron na cidade -; nula achega económica á remodelación do estadio de Balaídos; seguen pendentes os túneis de Beiramar e Xulián Estévez; non atenden aos patios de colexio; non conceden bolsas de libros ou comedor; non financian Cedro; non atenden á política cultural da cidade nin colaboran cos concertos nin coa promoción do Nadal; pretenderon deixar a Vigo partido xudicial; os plans de emprego non son proporcionais á poboación; negáronse a que o Goberno de España constrúa unha autovía a O Porriño en túnel; negáronnos 9,5 millóns para turismo que nos correspondían; apenas construíron vivendas de promoción e seguen sen achegar á cidade a parte proporcional dos fondos europeos que reciben do Executivo central.

 

 

 

Descargar todas as imaxes