Escoitar

O Concello recomenda continuar coa máscara facial onde non se poida manter a distancia social

Segundo explicou este mércores o alcalde, como norma xeral a máscara non é obrigatoria no centro de traballo máis se aconsella o seu uso por persoas con síntomas, vulnerables ou que sexan contacto estreito dun positivo. Tamén cando estean en condicións insuficientes de ventilación ou non se garanta o mínimo de metro e medio de distancia interpersoal.

mércores, 20 abr 2022
O alcalde, este mércores na Alcaldía.
O alcalde, este mércores na Alcaldía.

O Real Decreto polo que se modifica o obrigatoriedade do uso das máscaras faciais en interiores foi publicado este mércores no Boletín Oficial do Estado. No caso dos empregados públicos municipais, Abel Caballero explicou que a norma xeral é que non é obrigatorio utilizala no centro de traballo, mais se establecen recomendacións de uso.

Segundo indicou, a máscara está indicada para persoas con Covid e se aconsella o seu uso para aqueles con síntomas compatibles coa enfermidade, quen sexa contacto estreito con positivos e persoas vulnerables. Tamén se recomenda empregala cando non se poida manter unha distancia interpersoal mínima de metro e medio ou se as condicións de ventilación son insuficientes.

En todo caso, o alcalde adiantou que o Concello de Vigo continuará proporcionando aos traballadores municipais máscaras faciais de tipo cirúrxico ou FFP2, en función da necesidade.

Abel Caballero apelou á “prudencia e ao sentido común” nun contexto actual no que a tendencia indica “estabilización” da incidencia acumulada na cidade. “Se trata de manter a prudencia para non contaxiar e non ser contaxiados”, afirmou: “A evolución social irá marcando a desaparición do uso da máscara de forma paulatina, estamos iniciando xa definitivamente a nova normalidade e convén manter a prudencia e o sentido común”.

Descargar todas as imaxes