Escoitar

O Concello licita por preto de 900.000 euros a produción técnica dos concertos do verán

O alcalde deu conta do avance na organización das festas de Vigo anunciando que esta mañá aprobouse a licitación da produción de todos os espectáculos previstos na cidade durante o verán. O orzamento de partida deste contrato é de 867.122 euros.

xoves, 21 abr 2022
O rexedor comparece en rolda de prensa
O rexedor comparece en rolda de prensa

O goberno local aprobou esta mañá a contratación da produción técnica soporte dos espectáculos e actividades do programa Vigo en festas, cun orzamento de licitación de 867.122,86 euros e unha duración dun ano, prorrogable un ano máis. O obxectivo deste expediente é permitir a organización dos seguintes eventos: quince espectáculos en Castrelos; catro espectáculos de máis de 2.000 espectadores -fóra de Castrelos - e unha vintena espectáculos de pequeno formato de ata 2.000 espectadores en distintas zonas da cidade. Ademais, recolle os servizos sanitarios, xestión de entradas e control de accesos.

Seguindo coa organización das festas, a Xunta de Goberno tamén licitou o contrato para a redacción dos plans de emerxencia e autoprotección e coordinación da seguridade para os eventos programados polo servizo de Festas. Cun importe de licitación de 43.000 euros e un contrato dun ano -prorrogable outro – inclúe plans de seguridade para pequenos espectáculos e para a Cabalgata de Reis ademais do plan de emerxencia e autoprotección de Castrelos e de eventos de gran formato.

 

Descargar todas as imaxes