Samil acolle unha concentración de tuning
A I Concentración de Tuning, que se celebrará durante o 2 e 3 de xuño en Samil, pretende servir de punto de encontro dos afeccionados na transformación e personalización de vehículos.
”Esta iniciativa demostra, unha vez máis, o potencial organizativo de Vigo neste tipo de eventos relacionados co deporte de motor”, expresou o concelleiro Santiago Domínguez.
O tuning consiste na transformación de vehículos, tanto exterior como interiormente, para facelos máis vistosos e exclusivos. A personalización do coche a partir da mellora do equipamento e da incorporación de elementos segundo os avances técnicos é a afección que une a centos de persoas que acoden a estas concentracións como as realizadas recentemente en Lisboa, Bilbao ou Salamanca.
Os organizadores sinalaron que, tralo evento, pretenden crear un club de tuning en Vigo. Os interesados en participar poden chamar ós teléfonos de contacto 678-773222 e 639-645312.