O Xornal Dixital do Concello de Vigo recibe máis de 2.000 visitas diarias
As estatísticas ofrecidas por ”R” revelan que o Xornal Dixital do Concello de Vigo recibe unha media de 2.083 visitas diarias desde a súa entrada en funcionamento o pasado 14 de marzo.
Este Xornal Dixital pioneiro en Galicia pretende servir de fonte de información tanto para os profesionais dos medios de comunicación como para os interesados nos actos organizados polo Concello de Vigo. A vantaxe de ofrecer información a través da rede radica na inmediatez de transmisión dos acontecementos ós usuarios deste servicio e na posibilidade de actualización das novas municipais segundo o seu desenvolvemento.
Cada xornada imprímense unha media de 994 páxinas. O día da semana máis activo é o luns e a franxa horaria preferida polos usuarios é de 16:00 a 17:00, xusto despois de pechar a edición. O récord de visitas rexistradas foi o 20 de abril, con 5.209 usuarios.
O Xornal Dixital conta con máis de 200 suscritores que reciben, no seu correo electrónico, a portada diaria en canto se pecha a edición.