Exposicións, investigación e formación, principais accións do Centro de Artesanía Tradicional no 2001
A creación do Centro de Artesanía Tradicional xorde como consecuencia dos resultados da experiencia piloto desenvolvida pola Concellería de Patrimonio Histórico a través da Casa do Cesteiro. No ámbito do programa Urban, a Casa do Cesteiro desenvolve, dende o ano 98, programas de formación en cestería tradicional e promove traballos de investigación cara a recuperar antigas técnicas deste oficio xa perdidas ou a piques de desaparecer.
Coa mesma orientación, e no marco de implementación do Urban, o proxecto para a constitución do CAT nace co obxectivo de dinamizar, coordinar e divulgar un sector económico e cultural, o dos oficios tradicionais galegos, fondamente compatible co propio Barrio Histórico da cidade.
Os procesos de investigación, recuperación, formación e divulgación son, xa que logo, os alicerces do traballo que desenvolve o Centro de Artesanía Tradicional, fronte a outras tendencias que orientan o seu traballo máis ben cara ó deseño e á producción non artesanal. O CAT pecha o círculo que permite pór en valor os productos dos vellos oficios tradicionais.
Así, a recuperación da identidade cultural permite manter a actividade empresarial da artesanía tradicional, educar o público como consumidor e divulgar os valores culturais dos productos manufactureiros de forma tradicional. O establecemento de canles de comercialización dos productos artesáns e o servicio de asesoramento ós artesáns en materia fiscal, laboral e técnica son, así mesmo, obxectivos prioritarios das accións que desenvolve o CAT.
O Centro de Artesanía Tradicional dispón dunha colección de pezas tradicionais que amosa na súa exposición permanente, e actúa como intermediario entre os visitantes interesados en adquirir productos artesanais e os mestres que os realizaron. Esta mediación producirase tamén a través da web que está a desenvolver (www.vigo.org/cat) e que se porá en marcha proximamente.
O edificio que alberga o CAT atópase no corazón do Barrio Histórico, rúa Subida ó Castelo 10, e foi rehabilitado mercede ó programa Urban. Dispón dunha sala multiusos para exposicións e programas formativos, biblioteca, almacén e oficinas, amais do vestíbulo que amosa a súa exposición permanente.
Descargar todas as imaxes