Urbanismo chega a un acordo cos propietarios da ”Panificadora” sobre a ordenación da parcela
O concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba, presentará mañá ao Consello da Xerencia unha proposta de convenio coa Sociedade Mercantil Promociones Montelouro, propietaria da finca coñecida como “Panificadora”. A proposta, acordada cos representantes da sociedade, contén a ordenación desta parcela situada no ámbito do Peri Casco Vello.
O desenvolvemento urbanístico desta finca está pendente dende 1988, ano no que o Concello asinou un convenio cos propietarios que nunca se chegou a levar á práctica. Agora, de aprobar a proposta o Consello da Xerencia, incluiríase no documento de revisión do Peri Casco Vello.
O convenio proposto polo concelleiro de Urbanismo prevé a conservación dos silos da vella panificadora como mostra de arqueoloxía industrial. A edificabilidade da parcela rebáixase 4.000 m2 respecto á prevista no convenio de 1988, quedando en 21.950.
A nova ordenación prevé manter as rasantes existentes en todas as rúas da zona, creando edificacións con soportais nas frontes das rúas Falperra e Cachamuíña. Recóllese no convenio a construcción dunha rúa peonil cuberta polo interior da parcela con accesos dende todas as rúas que rodean a finca.
Os propietarios están obrigados a cederlle ao Concello 1.100 m2 de superficie no contorno dos silos como espacio de uso público. As edificacións que se constrúan na parcela están ordenadas de forma que se respecten as vistas actuais dende todos os puntos.
Descargar todas as imaxes