Escoitar

O MARCO celebra o Día do Libro cun obradoiro infantil e unha nova edición de Bookcrossing

O próximo 23 de abril o MARCO ofertará varios obradoiros infantís para conmemorar o Día do Libro, unha actividade que se sumará a unha nova edición de Bookcrossing á que o museo se suma desde hai 15 anos, aínda que este ano será virtual por razóns de pandemia.

luns, 19 abr 2021
Abel Caballero, este luns
Abel Caballero, este luns

As instalacións do MARCO acollerán o próximo 23 de abril un obradoiro infantil -gratuíto previa inscrición – para participantes de entre 6 e 10 anos. Esta iniciativa combinará actividades presenciais e virtuais, da man da María Xosé Martínez, membro da equipa de didáctica do museo e autora con ampla experiencia en actividades educativas para público infantil e familiar. Este taller, chamado “4 historias/4 viaxes”, fai referencia á exposición “4 Proxectos” recentemente inaugurada nas salas da planta baixa.

Ademais, o MARCO volverá sumarse á experiencia de Bookcrossing promovida desde o ARTIUM de Vitoria-Gasteiz e na que en cada edición participan 39 bibliotecas de museos e centros de arte e que, debido ás medidas preventivas, neste 2021 conducirase a través da rede. Mediante un vídeo conxunto en Vimeo, os centros participantes comparten de xeito virtual as súas publicacións, seleccionando libros que forman parte da súa selección e uníndose a esta campaña de fomento da lectura e de difusión da cultura contemporánea.

 

Descargar todas as imaxes