Escoitar

O Marco acolle a preestrea de “Vencerse é cousa de se tratar” con poemas recitados por Xela Arias

A peza escénica, creada por Fernando Abreu, está baseada no derradeiro poemario de Xela Arias “Intempériome” e conta coa música de Pablo Carrera, o cinema en directo de Roi Fernández e a voz de Mónica de Nut mesturada coa da propia escritora.

venres, 16 abr 2021

Durante a presentación do espectáculo que se preestrea esta fin de semana no Marco, Abel Caballero salientou a “transgresión e ruptura” da creación artística na súa “forma distinta de entender a música” unida cos poemas de Xela Arias “unha grande poeta que decidiu que Vigo ía ser a súa cidade”.

Fernando Abreu agradeceu o apoio e receptividade do Marco ao espectáculo que “é o que puido ser aquel recital 18 anos despois”, xa que quedou coas gravacións que fixera xunto a Xela Arias no ano 2003 e agora recupéraas para rematar un proxecto iniciado 18 anos antes.

Pola súa banda, Darío Gil, fillo de Xela Arias, salientou a honestidade da proposta escénica xa que recolle a “visión de miña nai da confluencia das distintas artes: música, voz, audiovisual en directo...”

Descargar todas as imaxes