Abel Caballero felicita ao novo delegado do Goberno en Galicia
Tras o nomeamento aprobado hoxe polo Goberno de España, o rexedor olívico trasladou os seus parabéns a José Manuel Miñones a quen lle desexou “o mellor” e destacando que asume o cargo “cunha boa traxectoria como alcalde, algo que valoro moito porque a actividade política local e municipal ten a maior relevancia”. Amais, enviou a súa felicitación a Javier Losada “que fixo un bo traballo no seu tempo como delegado do Goberno en Galicia”.