Escoitar

Caballero anuncia o acordo entre a FEMP e o Goberno para que os municipios dispoñan de 14.000 millóns

Uns 7.800 municipios de España e numerosas deputacións, cabildos e consells insulares poderán gastar 14.000 millóns dos seus remanentes tras o acordo entre a FEMP e o Goberno central. ”Poder gastar os nosos aforros é unha demanda nosa desde 2012”, asegurou Abel Caballero”. A FEMP seguirá negociando o fondo de 5.000 millón e o fondo de transportes.

mércores, 30 set 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, anunciou este mércores que 2os Concellos, Deputacións, Cabidos e Consellos Insulares, e a cidadanía van dispoñer de 14.000 millóns de euros” para poder gastar nos anos 2020 e 2021.

Con esta afirmación valorou e recoñeceu o anuncio formulado esta mañá pola ministra de Facenda, María Jesús Montero, sobre a suspensión das regras fiscais que permitirá aos gobernos locais utilizar os seus remanentes de tesourería, “os nosos aforros”, para impulsar a recuperación económica e social necesaria tras a pandemia.

“É unha magnífica noticia para todos os gobernos locais -subliñou Caballero- porque seremos capaces de mobilizar eses 14.000 millóns en favor dos nosos cidadáns”. “Poderemos utilizar os nosos remanentes sen ningún límite de regra fiscal, sen limitación por teito de gasto nin en termos de estabilidade orzamentaria. Poderemos ter un déficit en tanto se financie con remanentes”. “Simplemente facendo os proxectos e levando adiante o gasto, unha parte relacionada cos gastos de covid e outra coa activación social e económica dos municipios”, explicou.

A utilización dos remanentes de Tesourería é unha reivindicación permanente da FEMP: “Levabamos facendo esta demanda desde 2012 e hoxe, por fin, vémola resolta”. O Ministerio de Facenda explicará o mecanismo concreto destas medidas que, engadiu, “atópanse baixo o paraugas da suspensión das regras fiscais na UE”.

En rolda de prensa, Caballero asegurou que o uso de remanentes “é unha cuestión moi importante que se debía resolver” e indicou que o “diálogo da FEMP con Facenda continúa para outras cuestións que están encima da mesa: as entregas a conta, a liquidación de 2018, que ten que aprobarse este ano, e que é para todos os concellos, e queremos seguir tamén falando do fondo de transporte e do fondo de 5.000 millóns de euros”.

Entramos nunha nova etapa, subliñou o presidente da FEMP, “hoxe, de momento, dispoñemos de 14.000 millóns de euros máis”.

A modo de exemplo, e segundo datos oficiais de Facenda, estes son os remanentes dalgúns municipios:

-Madrid: 1.043.435.834 euros
-Barcelona: 159.292.177
-Vigo: 91.376.685
-Málaga: 78.057.627
-Valencia: 50.124.221
-Almería: 35.727.695
-Sevilla: 29.337.500
-Zamora: 29.688.416
-Gijón: 29.405.988
-Santiago de Compostela: 9.809.135

Descargar todas as imaxes