Concelleiros electos para o exercicio 2003-2007
Os resultados das eleccións municipais celebradas o domingo 25 de maio outorgaron os 27 edís da Corporación entre as distintas forzas políticas, concedéndolle provisionalmente 10 concelleiros ao Partido Popular (PP), 8 ao Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE), 7 ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) e 2 a Progresistas Vigueses (PROVI).
Concelleiros do Partido Popular
Corina Porro Martínez
Ferrol, 1953. Diplomada en Enfermería. Concelleira de Benestar Social do 1995 ao 1999. Directora xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia. Deputada e conselleira de Asuntos Sociais dende o 2002 ata xaneiro do 2003.
José Manuel Figueroa Vila
Mos, 1961. Empresario e concelleiro dende 1987. Actualmente é portavoz do seu grupo. Concelleiro de Deportes, Comercio e Turismo do 1995 ao 1999. Foi presidente do Comité Executivo da regata Cutty Sark no 1998.
Javier Guerra Fernández
Vigo, 1964. Economista e máster en Dirección de Empresas pola Universidade do Sur de California. Foi director comercial da división de calzado de Nike para España e Portugal. Conselleiro delegado da multinacional americana Skechers.
José Manuel Iglesias Carrera
Vigo, 1943. Médico especialista en Medicina Interna e Intensiva. Delegado da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na provincia de Pontevedra. Ten colaborado no desenvolvemento de hospitalizacións alternativas.
Lucía Molares Pérez
Vigo, 1968. Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais e en Dereito. Funcionaria do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia. Foi directora de Gabinete do Secretario de Estado para as Administracións Públicas e directora provincial do Sergas.
Ignacio López-Chaves Castro
Vigo, 1964. Licenciado en Dereito e profesor de Dereito na Universidade de Vigo. Secretario do Consello Social da Universidade e autor de publicacións especializadas en Dereito Civil e Administrativo.
María Soledad Polo Lima
Vigo, 1945. Presidenta da asociación Cristo da Victoria de Coia dende o 2002, na que anteriormente desempeñou os cargos de tesoureira e vicepresidenta. É impulsora de deportes como a petanca.
Carlos Comesaña Abalde
Vigo, 1947. Alcalde pedáneo da Entidade Local Menor de Bembrive dende o 1998, á que se incorpora no 1987 como vocal. Estudio Pormación Profesional en Dirección Técnica de Carpintería.
Antonio Coello Bufill
Vigo, 1946. Licenciado en Dereito e funcionario de carreira do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social. Delegado da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local na provincia de Pontevedra.
José Manuel Couto Pérez
Vigo, 1955. Axudante Técnico Farmacéutico. Concelleiro do seu grupo no último exercicio. Presidente do distrito de Aragón e conselleiro veciñal do Parque Natural das Ciencias Vigozoo dende o 1988.
Concelleiros do PsdeG-PSOE
Ventura Pérez Mariño
Vigo, 1948. Avogado e doutor en Dereito pola Universidade Complutense. Exerceu na Audiencia Nacional e no Gabinete Técnico do Tribunal Supremo. Deputado independente no Congreso polo Grupo Parlamentario Socialista do 1993 ao 1997.
Miguel Barros Puente
Cotobade, 1944. Profesor de educación primaria e licenciado en Ciencias Políticas. É presidente da Comisión Xestora do PsdeG-PSOE en vigo. Foi concelleiro, parlamentario provincial e autonómico.
María Luisa Graña Barcia
Cangas, 1964. Licenciada en Dereito. Secretaria xeral da Autoridade Portuaria de Vigo. Asesora no programa de acollida de inmigrantes da Cruz Vermella en Vigo.
Xosé Carlos Arias Moreira
Lugo, 1954. Doutor en Economía. Catedrático de Economía Aplicada na Facultade de Económicas da Universidade de Vigo. Membro do Consello de Administración e da Comisión Executiva de Cidade Universitaria S. A.
Xulio Calviño Rodríguez
Enxeñeiro Industrial. Profesor da Universidade de Vigo. Director do departamento de Enxeñería dos Materiais e Mecánica Aplicada da Universidade de Vigo.
Mauricio Ruiz Ceniceros
Vigo, 1968. Licenciado en Dereito. Avogado en exercicio. Asesor xurídico da Comisión de Planeamento e de Medio Ambiente do Colexio Oficial de Arquitectos de Vigo.
María Xosé Porteiro García
Madrid, 1952. Xornalista. Primeira tenente de alcalde no Concello de Vigo do 1987 ao 1991. Deputada autonómica do 1989 ao 1997. Funcionaria no Concello de Vigo.
Belén Sío Lourido
O Porriño, 1964. Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Concelleira de Benestar Social no Concello de Vigo ata a actualidade. Membro do Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE.
Concelleiros do BNG
Lois Pérez Castrillo
Vigo, 1961. Profesor de educación primaria. Elixido alcalde no 1999. Anteriormente, desempeñou o cargo de concelleiro de Relacións Cidadás. Traballou en organizacións como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega ou a revista "O Ensino".
Olaia Fernández Davila
Vigo, 1954. Deputada do BNG no Parlamento Galego dende o 1993. Foi unha das impulsoras da criación da Comisión non Permanente para a Igualdade e para os Direitos das Mulleres. Traballou na federación de servicios e na secretaría da muller da INTG.
Xabier Toba Girón
Santiago, 1957. Licenciado en Farmacia, traballou como profesor de Física e Química. Foi concelleiro de Urbanismo, Facenda e Réxime Interior no último mandato municipal. Foi un dos fundadores dos Comités Abertos de Facultade.
María Xosé Méndez Piñeiro
Portonovo, 1955. Licenciada en Medicina, realizou a especialidade de Medicina Interna no Hospital Xeral. Actualmente traballa no Hospital Nicolás Peña. Pertence á Asociación en Defensa da Sanidade Pública.
Santiago Domínguez Olveira
Vigo, 1964. Foi concelleiro de Sanidade, Xuventude e Deportes na última corporación. É adestrador nacional de baloncesto. Traballou como profesor de galego. Membro do Consello de Administración do Instituto Municipal dos Deportes dende 1991.
Margarida Rosa Martíns Vilanova
Pontevedra, 1951. Directora do colexio Terra de Turonio de Gondomar. Foi a primeira secretaria da Unión de Traballadores do Ensino de Galicia desenvolvendo un intenso traballo sindical durante anos.
Amador Fernández Fernández
Ourense, 1944. Técnico electrónico. Concelleiro de Infraestructuras e Medio Ambiente ata a actualidade. Participou na creación da Fededración Veciñal "Eduardo Chao". Foi tesoureiro da Comunidade de Montes de Candeán.
Concelleiros de Progresistas Vigueses
Manuel Soto Ferreiro
Ourense, 1944. Foi alcalde de Vigo. Axudou na clandestinidade a fundar o PSdeG-PSOE en Vigo, e militou nel ata que no ano 1998 pediu a baixa no mesmo para fundar, xunto con outros ex militantes do Partido Socialista e persoas independentes, PROVI.
Agustín Arca Fernández
Vigo, 1926. Cursos estudios de Perito Industrial, para logo pasar a integrarse na industria familiar de Bebidas Refrescantes. Iniciouse na vida política no Partido Popular Galego, inserido na UCD, do que foi cofundador.