O Concello saca a concurso as obras do paseo entre o Vao e a Fontaiña
A Comisión de Goberno acordou contratar, polo procedemento de poxa, as obras de construcción dun paseo que enlace a praia do Vao coa da Fontaiña. O novo paseo será de lousas de granito na parte máis próxima ás edificacións e de madeira no resto.
Nos espacios libres entre o areal e as casas plantaranse diversas especies vexetais. Colocaranse bancos, fontes, duchas e papeleiras. O presuposto da obra é de 71.783 euros.
Outros acordos da Comisión de Goberno
A Comisión de Goberno adxudicou á empresa Securitas Seguridad España o servicio de vixilancia da Unidade Asistencial Cedro. Esta compañía será a encargada de controlar o acceso ao centro, a entrada e saída de material, e colaborará coas forzas da orde nas tarefas de vixilancia. O prezo do contrato é de 48.500 euros anuais.
Tamén foi adxudicado o contrato de reparación de beirarrúas da cidade. A empresa Construcciones Dios será a encargada de arranxar durante os próximos catro meses as beirarrúas do municipio. Nesta tarefa investiranse 204.242 euros.