Escoitar

Caballero insta á Xunta a decretar a gratuidade do aparcamento do Álvaro Cunqueiro

Dada a gravidade da situación sanitaria que estamos a atravesar, o rexedor considera “importante e conveniente” a gratuidade do aparcamento do Álvaro Cunqueiro. Así llo solicitou esta mañá á Xunta de Galicia, lembrando que na cidade xa non está a funcionar a Xestión do Estacionamento Regulado.

xoves, 26 mar 2020

O alcalde instou hoxe á Xunta a decretar a gratuidade do aparcamento do Álvaro Cunqueiro, tendo en conta a gravidade da situación que estamos a atravesar. Destacou a “importancia e conveniencia” desta medida neste momento de “pico” de asistencia a hospitais. Na súa comparecencia, Caballero lembrou que o Concello suprimiu a XER (Xestión de estacionamento regulado) o que afecta a zonas tan sensibles como os aledaños de Povisa, engadindo que non se tramitará ningunha denuncia imposta desde que se decretou o estado de alarma. Por outra banda, o rexedor referiuse ao parking gratuíto de 450 prazas que o Concello construíu no complexo hospitalario de Beade e afeou á Xunta que non lle deixara acometer un segundo, tal e como pretendía o Concello.