Vigo celebra a Festa da Reconquista do 27 ao 29 de marzo
O acto de representación da destitución do alcalde Vázquez Varela terá lugar o sábado 28 e a recreación da reconquista da vila será o domingo ás 18 horas.
Abel Caballero informou hoxe venres da celebración da Festa da Reconquista deste ano 2020 durante tres días, do 27 ao 29 de marzo, co Concello como "patrocinador practicamente único do evento".
Tal e como explicou, a representación da destitución do alcalde Vázquez Varela celebrarase o sábado 28 ás 18 horas da tarde e a representación da Reconquista da Vila de Vigo terá lugar o domingo 29 ás 18 horas da tarde.
Así, apuntou o rexedor, o venres dará comezo a parte máis lúdico-festiva do evento, coa apertura do mercado cos diferentes postos a partir das 18 horas da tarde, o sábado representarase a primeira recreación histórica e o domingo a segunda, coa expulsión dos franceses da cidade por parte dos vigueses. Os postos do mercado permanecerán abertos ata as 22:00 horas do domingo.