O Concello pagou en 9 días aos provedores no mes de decembro
O alcalde valorou este dato como indicativo da "eficiencia dun Concello" ao dar conta do pagamento de 25 millóns de euros aos provedores durante o mes de decembro.
O goberno municipal de Vigo aboou as facturas aos seus provedores durante o mes de decembro nun prazo de 9 días "de longo, os mellores pagadores a provedores de España. Superámonos a nós mesmos", apuntou Abel Caballero. Así, engadiu que no mes de outubro o prazo de pago foi de 11 días e en novembro de 10.
O rexedor puxo en valor este dato como indicativo "importante da eficiencia dun Concello" explicando que Vigo pagou un total de 25 millóns de euros, un volume "elevadísimo", confrontando os datos coa media nacional, onde o prazo oscila entre 50 e 60 días, e o da Xunta de Galicia, que paga aos seus provedores en 19 días "máis do dobre do Concello de Vigo".