Escoitar

A intelixencia artificial centra as XXVI Xornadas de Filosofía que organiza o Concello

O evento celébrase do 14 ao 17 de outubro e a entrada é gratuíta.

luns, 7 out 2019
1570451933071019CongresoFilosofia_01.JPG
O Concello, baixo a dirección técnica do Grupo Aletheia-Vigo, organiza do 14 ao 17 de outubro a vixésimo sexta edición das Xornadas de Filosofía que terán lugar non Auditorio Municipal do Concello e este ano abordarán o "Pensamento e intelixencia artificial (IA)".

Caballero mostrou esta mañá, na presentación do evento, a súa "gran satisfacción" polo desenvolvemento destas xornadas nos últimos anos. "Conseguimos desde Vigo lanzar ideas e homenaxes a grandes pensadores que logo entran no debate en encontros por toda España", afirmou.

Pola súa banda, Avelino Muleiro, presidente do Grupo Aletheia, destacou que as xornadas tratarán, da man de grandes expertos, de responder a preguntas de enorme actualidade coma se os robots deben contribuír á Seguridade Social ou ante un accidente dun coche sen condutor onde están as responsabilidades. Médicos, enxeñeiros, matemáticos, economistas, neurocientíficos, etc. tratarán de responder a estas cuestións xa que "a intelixencia artificial imprégnao todo".

As xornadas, ao igual que na edición pasada, convértense nunha actividade extraescolar da UNED, con recoñecemento de créditos. A inscrición pode realizarse a través de correo-e no enderezo "xornadasdefilosofia@gmail.com ", aportando os seus datos persoais e de contacto, ou o propio luns 14 no auditorio. A entrada é libre e de balde, até completar o aforo do recinto. Ademais, todas as actividades retransmitiranse por streaming.
Descargar todas as imaxes