O alcalde planifica con Conxemar a ampliación do IFEVI para a edición de 2020
Abel Caballero mantivo este luns unha reunión cos responsables do recinto feiral e de Conxemar, de cara a elaborar un calendario que permita contar con máis superficie expositiva na feira do próximo ano. Conxemar elaborará o proxecto básico e o Concello farase cos terreos.
Os dirixentes de Conxemar e do IFEVI acudiron este luns á Alcaldía para reunirse con Abel Caballero de cara a planificar a ampliación do recinto feiral de Cotogrande, co obxectivo de que o solo estea dispoñible na edición de 2020 e consolidar unha feira que conta coa ameaza da Seafood de Barcelona.
As partes elaboraron un calendario de traballo que se inicia co encargo do proxecto de ampliación por parte da propia Conxemar. A entidade proporciona o documento e o Concello de Vigo solicitará á Xunta de Galicia á chamada "lei Vigo" que faga posible o cambio de uso do solo, maioritariamente propiedade da comunidade de montes. Posteriormente, o Concello acudirá á vía da negociación -como aconteceu na última ampliación- ou da expropiación forzosa para facerse cos terreos e cedelos ao goberno autonómico para que licite e execute a obra.
Segundo o acordo adoptado, o Concello asumirá o custo da consecución dos terreos e emitirá o informe sobre as alegacións presentadas ao proxecto na exposición pública. A ampliación permitirá a Conxemar dispoñer de catro ou cinco mil metros cadrados máis no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI).
Descargar todas as imaxes