Escoitar

O Verbum acollerá a máis dun centenar de expertos na 9ª Xornada de Neuropsicoloxía e Rehabilitación Neurocognitiva en drogodependencias

A xornada está organizada por Cedro, a Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo.

venres, 4 out 2019
1570190781041019Congreso.JPG
Máis dun centenar de expertos do ámbito da saúde mental e as adiccións de toda España e norte de Portugal participarán o próximo 18 de outubro na 9ª Xornada de Neuropsicología e rehabilitación neurocognitiva que se celebra no Museo Verbum. A xornada está organizada por Cedro, a Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo.

Durante a presentación esta mañá, a concelleira da área de Política de Benestar Social, Yolanda Aguiar, destacou que Cedro é "o único centro de Galicia que aplica a neuropsicología no tratamento das adiccións".

Pola súa banda, o director de Cedro, Francisco Otero Lamas, apuntou que levan máis de 35 anos traballando no tratamento das neurodependencias, así como na docencia e investigación. Nos últimos anos, dixo, "a aplicación da neuropsicología permitiunos realizar novas abordaxes nestes pacientes".

Estas novenas xornadas contarán con Javier Tirapu, un dos grandes referentes internacionais no campo da neuropsicología, que falará da rehabilitación das funcións executivas e da cognición social.
Descargar todas as imaxes