O Concello citará á Federación de Peñas do Celta para informarlles sobre a reforma de Balaídos
Os prazos para a obra da nova grada de Marcador e o cambio das butacas de Río Baixo para dispor de maior espazo serán algún dos temas a tratar na reunión entre o Concello de Vigo e a Federación de Peñas do Celta.
O Concello de Vigo vai a convocar a vindeira semana á Federación de Peñas do Celta para informarlles sobre o tempo de licitación da obra da nova grada de Marcador e tamén sobre a decisión de cambiar as butacas da grada de Río Baixo, onde os espazos entre filas vanse ampliar entre 15 e 18 de centímetros.