Escoitar

Gradiant mostra o potencial de Vigo na innovación tecnolóxica e industrial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes as instalacións do Centro Galego de Telecomunicacións de Galicia – Gradiant no edificio Citexvi do Campus Universitario de Vigo. Os responsables destacaron as oportunidades de futuro e o potencial tecnolóxico e industrial de Vigo.

martes, 2 abr 2019
15542098880201419Gradiant.JPG
O Centro Galego de Telecomunicacións de Galicia – Gradiant, con sede no edificio Citexvi do Campus Universitario, mostrou este martes o potencial tecnolóxico e industrial de Vigo a través do talento humano e técnico para innovar.

Foi durante unha visita do alcalde, Abel Caballero, cando os responsables da firmaron mostraron o traballo que desenvolven e o incremento no exportación a grandes e pequenas empresas de todo o mundo.

O director xeral de Gradiant, Luis Pérez Freire, e o xerente, Fernando Jiménez, destacaron as oportunidades de futuro e o potencial tecnolóxico e industrial de Vigo. Tras a reunión, realizaron unha visita ás instalacións para poder ver de primeira man varias demostracións das tecnoloxías que utiliza o Centro Galego de Telecomunicacións de Galicia.
Descargar todas as imaxes