O Concello asina un convenio cos ex-traballadores de Cordelerías Mar
O documento asinado recolle as características da nova ordenación urbanística da parcela que ocupaba a antiga factoría de Cordelerías.
A plusvalía desta operación redundará no pagamento da débeda que o grupo de empresas Mar contraeu cos seus traballadores.
Este convenio urbanístico modifica o uso industrial que actualmente teñen os terreos por un uso residencial e comercial. Nos 5.460 m2 da parcela poderanse construír 70 vivendas, habilitarase unha zona verde de 1.134 m2 e cederanse outros 735 m2 para a ampliación do viario existente.
A decisión adoptada vén derivada dun acordo adoptado en 1995 polo Pleno da corporación municipal. Naquel acordo abríase a posibilidade de recalificar os terreos ocupados pola industria Cordelerías Mar para que as plusvalías da venda fosen dirixidas ao pagamento da débeda que o grupo de empresas MAR tiña contraída cos seus antigos traballadores. O convenio asinado establece a futura ordenación da parcela que será incluida no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Esta operación é outro paso adiante no proxecto de rexenerar os espacios da beiramar de Vigo aproveitando a construcción do Pazo de Congresos. A intención do goberno municipal é a de facilitar o traslado a polígonos empresariais das industrias que ocupan o borde marítimo e recuperar a zona para uso cidadá coa construcción de vivendas e de equipamentos culturais, comerciais e de ocio.
Descargar todas as imaxes