Escoitar

Vigozoo xa recibiu 3.300 escolares este ano

O concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández, presentou as actividades do departamento de educación ambiental nas que participan estudiantes vigueses.

xoves, 20 mar 2003
1048162731exterior.jpg
Unha das visitas
Fernández destacou as características de Vigozoo, convertido nos últimos anos nun zoolóxico moderno con proxectos en marcha de formación, investigación e educación ambiental. De xaneiro a marzo de 2002 pasaron 2.375 rapaces mentres que, no primeiro trimestre deste ano, xa se alcanzou a cifra de 3.290 escolares gracias ao programa de educación ambiental.

As visitas guiadas para escolares consisten nunha presentación audiovisual, nun percorrido dunha hora polas instalacións no que se lles explican os conceptos básicos dos animais tendo en conta o nivel educativo dos rapaces divididos en grupos de 20 cun monitor e profesor de apoio, chegada ao reptilario, participación en actividades específicas como o obradoiro Toca-toca ou o planetario, confección dun mural de animais e entrega de cadernos didácticos para o posterior traballo na aula.

Entre os novos proxectos para Vigozoo destaca a entrada en funcionamento da granxa-escola, a creación dun lugar idóneo para primates co asesoramento do zoo de Barcelona, a instalación dunha nova sinalética e a distribución dun tríptico autoguiado de público xeral.

Para participar nestas visitas pódese solicitar no departamento de educación ambiental nos teléfonos 986-267783 e 620-969213 de 9:00 a 14:00 horas. O número máximo de nenos participantes nas actividades programadas é de 160 ao día, distribuídos en grupos de 80 en cada horario (10:00 a 12:00 e 12:00 a 14:00 horas). Para o mellor desenvolvemento do programa é necesaria a asitencia dun profesor por cadda 20 alumnos. O custo da visita é de 1,50 euros por participante maior de tres anos, sendo gratuíta para todos os centros educativos de Vigo.
1048162731exterior.jpg
1048162783ollando.jpg
1048162813cartel.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información