Inauguración da mostra "Melodrama" no MARCO
O Museo de Arte Contemporánea inaugura, o 21 de marzo, "Melodrama", a súa nova exposición temática. Na mostra participan 34 artistas que traballan en distintos soportes e os que une a utilización das técnicas melodramáticas nas súas obras. "Melodrama" chega a Vigo tras exhibirse no Artium de Vitoria e no Centro José Guerrero de Granada.
A colectiva amosa o labor de creadores como Darren Almond, Liza Lou, Kenny McLeod ou Natalie Melikian que volven á valoración e á expresión dos sentimentos, fronte á aproximación lóxica e conceptual das décadas dos sesenta e setenta, e a análise histórica e sociolóxica que dominou a arte nos oitenta.
O melodrama adquiriu as súas características específicas a finais do século XVIII, cando os teatros non oficiais, próximos á burguesía e as clases populares non podían facer uso da palabra nos seus espectáculos. Para compensar esta carencia, comezaron a servirse de recursos como a esaxeración dos xestos e a abundancia de melodías e efectos especiais, o que cristalizou nunha nova linguaxe dramática.
Posteriormente, o xénero deu forma aos valores sobre os que ía cimentarse a nova sociedade, tales como a familia ou a superioridade moral dos pobres, os inocentes e mailos virtuosos. Para configurar mellor o novo universo simbólico, o melodrama fixou un repertorio de tipos: o heroe, a heroína e o vilán; sen faltar o final feliz.
Trala adopción dos recursos melodramáticos polo cinema a estratexia da esaxeración chega ás masas malia adquirir a cualificación de mal gusto. Sen embargo dende que a distinción entre bo e mal gusto comezou a esboroarse coa posmodernidade, o melodramático volveu ser explotado por numerosos artistas que exploran os seus procedementos característicos para expresarse de maneira excesiva.
A historiadora da Arte e antropóloga Doreet LeVitte Harten é a comisaria desta mostra que os vigueses poderán visitar ata o 21 de xuño.
Descargar todas as imaxes