O bus promocional de Vigo comeza na Coruña unha xira por quince cidades
O bus promocional da Concellería de Turismo visitará quince cidades do Estado para dar a coñecer a oferta turística viguesa. Este ano o autobús amplía a seu percorrido a cidades galegas, comezando o 19 de marzo pola Coruña e rematando o 5 de abril en Barcelona.
Esta campaña de promoción turística forma parte dun paquete de medidas posto en marcha pola Concellería de Turismo para favorecer o crecemento do sector e facilitar así a súa consolidación como un dos tres grandes motores económicos da cidade.
A Coruña será a primeira das quince cidades que compoñen a xira en recibir o bus promocional de Vigo. Posteriormente, dirixirse a Ferrol, Lugo, Gijón, Oviedo, Santander, Bilbao, San Sebastián,Vitoria, Logroño, Pamplona, Zaragoza, Lleida, Tarragona e Barcelona, cidade na que rematará a xira promocional o 5 de abril.
O autobús estará situado nas prazas máis céntricas das cidades que visitará e estará aberto ó público dende as 10:00 ata as 20:30 horas.
Descargar todas as imaxes