A Comisión de Goberno designa os vigueses distinguidos deste ano
O grupo editor de Faro de Vigo, proposto para recibir a medalla da cidade.
A Comisión de Goberno designou ás persoas e colectivos que serán homenaxeados este ano coa concesión do galardón de Vigués Distinguido. O alcalde, Lois Castrillo, explicou que o Goberno quixo premiar este ano a aqueles que se distinguiron pola defensa do patrimonio histórico e natural da cidade, e a quen dedicou o seu esforzo en axudar a persoas desfavorecidas, discriminadas ou perseguidas.
Os/as escollidos/as son os seguintes:
VIGUESES/AS DISTINGUIDAS 2003
Elvira Landín
Avogada. Entregada dende o tardofranquismo á defensa dos traballadores. Dende o despacho laboral que abriu en Vigo a comezos dos 70 manifestou sempre o seu compromiso coas causas de persoas discriminadas, perseguidas e represaliadas. Ten unha salientable participación na organización Xustiza e Sociedade. Tamén cómpre destacar a súa colaboración co Seminario Galego de Educación para a Paz, elaborando unidades didácticas sobre a guerra e a paz ou sobre a violencia contra as mulleres.
Ovarias
A Coordenadora de Mulleres contra a Violencia, Ovarias, constituiuse en Vigo co obxectivo de remover os obstáculos que impiden ou dificultan a plena incorporación da muller á sociedade e co de xerar na sociedade o rexeitamento de toda forma de violencia contra as mulleres. Nese labor está a ter unha significadísima presencia na nosa sociedade, conseguindo poñer no primeiro plano o problema da violencia de xénero e articular unha resposta organizada. Ovarias é unha asociación xove, pero que xa ten realizado un meritorio labor neste eido.
Confrarías de pescadores da ría
Co galardón para as confrarías de pescadores da ría de Vigo recoñécese o abnegado traballo realizado por toda a xente do mar para defender a nosa costa da marea negra. Os mariñeiros estiveron sempre na vangarda na loita contra o chapapote, suplindo as súas carencias materiais con moito esforzo, con imaxinación e coa firme vontade de protexer o seu modo de vida e a riqueza de Galicia. Os mariñeiros da ría de Vigo son o exemplo de todo un povo que se soubo autoorganizar para evitar que a contaminación acadara o interior da nosa ría.
Juan Manuel López-Chaves
Licenciado en Dereito, que desenvolveu unha prolongada carreira profesional en Vigo desempeñando postos na administración nos departamentos de Obras Públicas ou no Polo de Desenvolvemento Vigo-O Porriño. Tamén foi asesor xurídico da Universidade de Vigo.
O Concello recoñece o seu activo traballo na Asociación de Amigos dos Pazos, que fundou e preside. A través dela contribuiu á defensa do patrimonio histórico e cultural da nosa cidade realizando campañas para a recuperación de edificios nobles, publicando libros e realizando actividades divulgativas.
Florián Martínez Fernández
Antigo profesor do Colexio Hogar, no que ingresou en 1951. Nas súas aulas preparou centos de alumnos para o manexo de máquinas e ferramentas industriais. En 1958 incorporouse ao departamento de Métodos da fábrica de Citroen e fíxose cargo da Escola de Formación da factoría. As súas responsabilidades na compañía o levaron a fomentar a instalación en Vigo de moitas empresas proveedoras de Citroen. Xa xubilado, en 1991, integrouse na organización Seniors Españois para a Cooperación Técnica, dende a que desinteresadamente pon os seus coñecementos ao servicio do asesoramento de pequenas e medianas empresas.
Sor Milagros de la Fuente Tascón
Responsable do comedor da Esperanza, na Casa da Caridade. Alí desenvolve un excepcional labor de apoio aos desfavorecidos axudada polas integrantes da súa congregación, as Fillas da Caridade de S. Vicente de Paul. Sor Milagros é enfermeira e como tal traballou no Hospital da Escola Naval de Marín, no Hospital Militar da Coruña e no Hospital Municipal Nicolás Peña. Durante o tempo en que prestou servicio no hospital vigués prestoulle unha especial dedicación aos enfermos máis necesitados e aos drogodependentes, atendéndoos e organizando actividades para eles.
Medalla da cidade
O próximo pleno da corporación municipal debaterá a proposta de concederlle á medalla da cidade ao grupo editor do Faro de Vigo, o xornal decano da prensa estatal, que neste ano celebra o seu cento cincuenta aniversario.
Durante século e medio o Faro foi a referencia informativa de Vigo. A evolución da cidade quedou perfectamente reflectida nas súas páxinas, que ademáis recolleron sempre o sentir dos vigueses e as reivindicacións sociais dos distintos sectores cidadáns.
Descargar todas as imaxes