Escoitar

Premios Cidade de Vigo á excelencia hixiénico sanitaria

A Concellería de Sanidade e Consumo entrega estas distincións tralas visitas de avaliación aos establecementos presentados.

luns, 17 mar 2003
Na categoría de panaderías, o primeiro premio recaeu na Panadería Cholo (camiño Cañoteis, Valadares, 32), o segundo foi para Panadería Supán (rúa Pizarro, 55), o terceiro para Panadería Barrio do Cura (rúa Merlo) e os accesit para a Panadería La Espiga de Oro (Simón Bolívar) e La Seyola (Doutor Carracido, 121).

Na categoría de pastelerías, quedou gañadora a Confitería Supán (rúa Pizarro, 55), o segundo posto foi para a Pastelería Cholo (camiño Cañoteis, Valadares, 32), o terceiro para Confitería Igleter (rúa Salvaterra, 3) e o accésit para Pastelería Barrio do Cura (rúa Merlo).

Na categoría A de restaurantes, o primeiro premio foi para Restaurante Maruja Limón (Baixada á Salgueira, 52), o segundo para Restaurante Cúrcuma (rúa Brasil, 4), o terceiro para Restaurante Casa Moncho (rúa México, 61) e os accésit para Restaurante Tapas Areal (rúa México, 36) e Restaurante Durán (praia de Canido).

Na categoría B de restaurantes, o gañador foi o Restaurante Botón de Ancla (avenida do Aeroporto) e o segundo clasificado foi o Restaurante Irati (rúa García Barbón, 17).

O concelleiro de Sanidade e Consumo, Santiago Domínguez, afirmou que os primeiros premios Cidade de Vigo á Excelencia Hixiénico Sanitaria para panaderías, pastelerías e restaurantes pretenden instaurar un selo de calidade para os establecementos diante dos consumidores. O concelleiro salientou que "se intenta contribuír a dinamizar eses negocios e os productos que ofrecen, dándolles un impulso e respaldo dende o Concello ás empresas".

Os establecementos distinguidos recibirán un diploma que acredita e certifica a calidade hixiénico sanitaria do establecemento. Se ademais cumpren estas premisas máis alá do estrictamente obrigado, recibirán tamén unha placa conmemorativa e un diploma pola Excelencia Hixiénico Sanitaria do seu negocio, que o distinguirá especialmente.

Na inspección realizada polo xurado, sen previo aviso aos establecementos, valoráronse os aspectos hixiénico sanitarios dos establecementos, utilaxe, maquinaria, persoal e materias primas.

Entre os obxectivos desta convocatoria está a mellora dos establecementos nos aspectos hixiénico-sanitarios, outorgar un selo de calidade dende o Concello, ofrecerlles aos consumidores unha garantía engadida e concienciar o persoal dos establecementos da importancia do seu traballo diario e a súa repercusión na saúde pública.