Escoitar

Representantes do movemento asociativo lucense visitan Vigo

O Concello de Lugo realizará o sábado 22 de marzo unha visita institucional con 200 persoas do movemento asociativo que farán un percorrido pola cidade e pola ría de Vigo.

venres, 21 mar 2003
O alcalde, Lois Castrillo, e a concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro, serán os anfitrións en Vigo deste intercambio organizado co fin de promover a convivencia e compartir experiencias no ámbito sociocomunitario, así como para ofrecer unha ocasión de coñecer lugares.

No acto de benvida estarán presentes tamén a concelleira de Benestar Social de Lugo, Branca Rodríguez Pazos, e os presidentes das asociacións veciñais de Vigo que acudiron o encontro do ano pasado na cidade de Lugo (A.V.V. A Unión de Matamá, Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive, A.V.V. de Beade, A.V. Cultural "Villa Galicia" de Lavadores e A.V.V. San Mamede de Zamáns). No acto de recepción actuará o "Grupo de Acordeones Algareiro" de Bembrive.

Programa

10:45- Chegada ao Pazo Museo Quiñones de León. Recepción do alcalde, actuación do "Grupo de Acordeones Algareiro", almorzo e visita ao pazo que na actualidade está convertido en museo onde se atopa a pinacoteca máis importante de Galicia, constituída por unha colección dos mellores artistas galegos. O pazo alberga tamén un museo arqueolóxico e conta con estancias decoradas da época. A visita completarase cun paseo polos fermosos xardíns do pazo e o auditorio.

12:30- Percorrido pola cidade. Iníciase o percorrido pasando polo Estadio Municipal de Balaídos, campo onde xoga o Real Club Celta, seguindo pola Zona Franca ata chegar a zona costeira, onde se visitarán as praias máis salientables da cidade, praia do Vao e Samil, dende as que se divisa unha espléndida panorámica das Illas Cíes. Continuarase cunha visita ao centro da cidade, que inclúe a visita O Castro, un dos grandes miradores da cidade. Por último visitarase o Casco Vello da cidade ata o que se chegará dando un pequeno paseo, alí atoparanse diversos recunchos emblemáticos da cidade como Porta do Sol, Praza da Princesa, Igrexa da Colexiata, Mercado da Pedra, Ostreiras, etc.

14:00- Xantar na Marisquería Bahía.

17:00- Paseo pola ría de Vigo. A saída realizarase dende a Estación Marítima, terá unha duración dunha hora e media, o paseo inclúe as vistas da Illa de San Simón, Ponte de Rande, Moaña, Vilaboa, campos de mexilloeiras, etc.

* No caso de suspenderse o paseo por razóns climatolóxicas a outra opción e unha visita o MARCO.