O rexedor reclama "o mesmo acceso" ao aparcamento gratuíto que ao de pago no novo hospital
O goberno de Vigo e o SERGAS mantiveron este mércores unha reunión sobre os accesos desde o aparcamento público que constrúe o Concello ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Caballero valorou que "se avanzou bastante" e considera "cuestión inamovible" conseguir unha entrada directa, é dicir, "os mesmos accesos e as mesmas rutas" que empregan os usuarios do aparcamento de pago. <br />
O goberno de Vigo propuxo un acceso directo ao recinto hospitalario para vehículos e peóns que empreguen o aparcamento gratuíto de 500 prazas que está a construír nunha parcela anexa. Nunha proposta anterior, a Xunta de Galicia, a través do SERGAS, propuxo facer unha entrada e unha saída desde a Avenida Clara Campoamor e polo tanto sen acceso directo ao Álvaro Cunqueiro.
Abel Caballero reiterou hoxe mércores, ao remate da reunión, que é "inamovible" conseguir o mesmo trato para aqueles que se decanten polo aparcamento de pago do hospital ou polo estacionamento público gratuíto do Concello; "o mesmo acceso e as mesmas rutas" para todos, en verbas do rexedor vigués. Na reunión deste mércores "se avanzou bastante", asegurou o alcalde, e ambas partes traballan nunha solución técnica. "En próximos días resolverémolo".
Descargar todas as imaxes