Escoitar

BANDO "CABALGATA DE REIS"

Co gallo da Cabalgata de Reis adoptaranse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade para o martes, 5 de xaneiro de 2016: Ás 17,00 horas terá lugar o acto da recepción das autoridades ás SS.MM os Reis Magos na Porta do Sol. A saída da comitiva da Cabalgata de Reis está prevista para as 18,00 horas e percorrerá as rúas García Barbón (dende o nó de Isaac Peral, Policarpo Sanz, Porta do Sol, Elduayen e Paseo de Alfonso XII (remate). O remate esta previsto no Paseo de Alfonso XII. O desmonte da comitiva terá lugar no Paseo de Alfonso XII, rúa Falperra e rúa Cachamuiñas.

mércores, 30 dec 2015
Desviacións
- Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido da cabalgata non poderán facelo dende as horas establecidas.
- Aqueles vehículos que circulen pola avenida de Galicia terán que desviarse pola avenida de Bos Aires á Travesía de Vigo e centro da cidade, ou ben facelo por Sanjurjo Badía para entrar na rotonda de Julián Estévez e os túneles de Areal-Beiramar.
- Recoméndase a circulación pola avenida de Bos Aires e Travesía de Vigo, así como baixar a Julián Estévez dende Enrique Lorenzo, para poder tomar o túnel ata chegar á rúa Coruña e Bouzas.
- Recoméndase non circular pola rúa Torrecedeira e facelo pola rúa Beiramar para os que leven destino Teis e pola rúa Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.
- Queda pechado trafico o acceso dende a rúa Progreso por Doutor Cadaval, non podendo saír á Porta do Sol.
- Recoméndaselles aos vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar a utilización da rúa Coruña, Praza de América e Gran Vía para os destinos de Gran Vía e Calvario.
- Os vehículos precedentes da autoestrada con saída Alfonso XIII, e os que baixen por esta rúa, desviaranse pola rúa Cervantes.
- Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzáiz terán que ser desviados no cruzamento con Vázquez Varela.
- Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
- Aconséllase aos vehículos que procedan da praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, Praza de América e rúa Coruña para chegar ao seu destino.
- Os vehículos que circulen pola Gran Vía con dirección ás rúas Alfonso XIII e García Barbón desviaranse no cruzamento da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa Urzáiz.
- Anularase a saída da autoestrada por Isaac Peral.
- Aos vehículos que circulen pola Travesía de Vigo con dirección a García Barbón non se lles permitirá chegar facendo que xiren na rotonda de San Lourenzo.
- Os vehículos que circulen pola rúa Areal desviaranse pola rúa O Porto e rotonda da "Paelleira".
- Os vehículos que circulen pola rúa Rosalía de Castro deviaranse pola rúa Serafín Avendaño e Miragaia cara a rúa Areal dirección Plaza de Compostela.
- Soamente se permitirá baixar pola rúa Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.

Peches de tráfico
• A partir das 10,00 h., non se permitirá o aparcamento de vehículos en todo o percorrido.

Os cortes produciranse a partir das 16,00 h. en:
Sanjurjo Badía-Enrique Lorenzo.
Saída da autoestrada a Isaac Peral
Rotonda de San Lourenzo con dirección a García Barbón.
Rúa Areal-O Porto
Rúa Areal- "Paelleira"
Rúa Colón-Areal
Paseo de Alfonso
López de Neira-Doutor Cadaval
Alfonso XIII-Cervantes
Urzáiz-Lepanto
Urzáiz-México
Urzáiz-Vázquez Varela
Miragaia-Rosalía de Castro
Canceleiro-Rosalía de Castro
Oporto-Rosalía de Castro
República Arxentina-Uruguai

•As únicas entrada e saídas á zona do Areal-Rosalía de Castro-zona praza de Compostela e Beiramar terán que ser pola rotonda de Julián Estévez e pola rúa Coruña.
•Desaconséllase totalmente a utilización desta zona agás aos que teñan o seu destino na mesma ou ós usuarios da autoestrada.

Punto de encontro de nenas/os perdidos, posto de emerxencia e zona reservada

- Establecerase un posto destacado de emerxencias no cruzamento Colón-Urzáiz e dous postos de atención a nenos/as perdidos no lateral da igrexa de Santiago de Vigo e Porta do Sol.
- No caso de perdas de nenos/as, dirixirse aos voluntarios/as de Protección Civil, Cruz Vermella, organización e ós axentes da Policía Local.
- Establécese unha reserva de espazo para persoas con mobilidade reducida no cruzamento da rúa de Alfonso XIII con García Barbón (diante de Santiago de Vigo).

Recomendacións finais

- Evitar o uso dos vehículos particulares.
- Evitar o estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos treitos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencia de ambulancias e bombeiros.
- Evitar a concentración de público na zona de montaxe da comitiva na rúa García Barbón entre o nó de Isaac Peral e a rotonda de Julián Estévez e Sanjurjo Badía.
- Manter control sobre os nenos, evitando a súa perda e que se abalancen preto das carrozas na busca de caramelos.
- Atender as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de seguridade da Organización.

Vigo, 29 de decembro de 2015
O Alcalde,
Abel Caballero Álvarez