Escoitar

O Concello acomete con 150.000 euros unha mellora ambiental na Avenida da Florida

O alcalde de Vigo visitou hoxe martes os traballos de mellora que está a levar adiante o Concello na Avenida da Florida, como parte do Plan Verde municipal, que conta cun orzamento próximo ao millón de euros. En base a esta actuación, o goberno de Vigo habilita zonas axardinadas en distintos puntos do nomeado vial e mellora as redes de abastecimento e saneamento.

martes, 9 xuñ 2015
1433851407florida.JPG
Abel Caballero explicou que a mellora ambiental que executa o Concello na Avenida da Florida forma parte das accións recollidas dentro do Plan Verde, dotado con case un millón de euros de orzamento, e que inclúe ademais actuacións na senda da auga, no paseo do Lagares e a creación dun parque de enerxías renovables en Navia.

A obra na Florida supón un investimento municipal de case 150.000 euros para acometer distintas reformas. Segundo indicou Caballero, esta obra "significa facer unha parte verde adicional na Avenida", un "tema central" para o Concello, e se abrirán zonas verdes onde exista espazo para facelo. O alcalde explicou que hai actualmente en execución catro acciones nas confluencias con Padre Seixas, Tui e García Lorca. O rexedor apuntou que poñer "máis verde" constituía unha "gran demanda" entre os veciños da Avenida da Florida.

O alcalde engadiu que a obra leva aparellada tamén a renovación das tapas de rexistro da calzada e un maiado de rede de abastecemento en diferentes puntos da Avenida, mellorando a conexión coas vivendas.
Descargar todas as imaxes