Escoitar

O Concello suma desde este luns nove centros máis ao plan de tráfico para colexios

O goberno de Vigo continúa coa implantación dos plans de tráfico específicos para colexios, que pasan pola reserva de prazas de estacionamentos nas horas de entrada e saída do alumnado e polo reforzo da sinalización. Aos catro que comezaron a pasada semana, o Concello suma desde hoxe outros nove colexios máis.

luns, 8 xuñ 2015
Segundo anunciou Caballero, o goberno de Vigo puxo en marcha este luns o plan de tráfico específico para colexios noutros nove centros da cidade, despois de telo iniciado o pasado luns noutros catro, un proxecto que inclúe reservas de plazas de aparcamento nas horas de entrada e saída e o reforzo da sinalización.

Dentro desta primeira fase de carácter experimental, o Concello dispuxo de 18 efectivos para atender aos colexios que hoxe se incorporaron ao plan de tráfico, que foron o María Auxiliadora-Salesianos, o García Barbón, o Illas Cíes, o Doutor Fleming e Villalaura, o María Inmaculada-Carmelitas e o San Miguel Nebrija-O Castro, onde se reservaron zonas de aparcamento de vehículos para deixar e recoller ao alumnado nas horas punta. Ademais, nos centros Padre Míguez-Calasancias, Vicente Risco e no Amor de Dios o goberno de Vigo reforza a sinalización vertical e horizontal nos accesos. Caballero apuntou que o plan nesta primeira xornada foi "razonablemente ben" e estivo "moi ben acollido por veciños e por pais e nais".

O luns pasado, 1 de xuño, o Concello puxo en marcha este plan nos colexios Maristas, Enseñanza, Escultor Acuña e Lope de Vega. Abel Caballero informou que esta mañá, tras a primeira semana co novo sistema de tráfico, foi "francamente ben" nestes catro centros.

Co obxectivo de implantalos en todos no próximo curso escolar, o goberno local inicia en xuño estes plans en trece colexios a modo experimental, apoiado por unha campaña informativa para pais e nais de alumnos e con efectivos de seguridade nos accesos aos recintos. De media, o Concello reserva unhas dez prazas de estacionamento en cada centro.