Escoitar

Programa "Vente con nos"

No marco do programa "Vente con Nos" que acolle o convenio de colaboración que ten asinado a Concellería de Cultura Festas e Museos coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais da nosa cidade, informase da apertura do prazo de admisión de solicitudes ata ás 13.30 horas do día 12 de xuño do presente ano. O formulario de solicitude está a disposición das entidades asociativas interesadas na oficina de Información situada na lonxa do Concello e nas web municipal (www.vigo.org) e www.vigocultura.org<br />

venres, 5 xuñ 2015
1433503460ventenos.jpg
Este convenio ten como principal obxectivo a promoción e apoio da labor sociocultural das asociacións culturais e veciñais da cidade, así como as agrupacións de música e danza tradicionais das entidades asociadas á Agrupación, mediante o desenvolvemento dun ciclo de actuacións polos diferentes barrios e parroquias da cidade.

As actuacións con cargo a este convenio irán destinadas ao público en xeral, con acceso libre e gratuíto, até completar o aforamento do lugar onde se celebren. As actuacións distribuiranse atendendo aos criterios de dispoñibilidade da agrupación artística, a orde de entrada da solicitude no Rexistro Xeral do Concello e a maior diversificación nos ámbitos territoriais e artísticos. Con carácter xeral quedan excluídas do convenio aquelas actuacións vinculadas á programación de actos de carácter non laico, festas e romarías patronais, así como aquelas actuacións programadas dentro do mesmo ámbito territorial parroquial asociado á agrupación artística e entidade que a acolle.

A tal fin, infórmase da apertura do prazo de admisión de solicitudes ata as 13:30 horas do día 12 de xuño do presente ano. O formulario de solicitude está a disposición das entidades asociativas interesadas na oficina de Información, situada na lonxa do Concello, e nas webs municipais www.vigo.org e www.vigocultura.org.
Descargar todas as imaxes