Escoitar

Caballero ofrece a O Marisquiño todo o apoio para que "forme parte dos emblemas da cidade"

Abel Caballero cualificou a O Marisquiño como a maior atracción deportiva que se celebra en Vigo e avanzou todo o apoio necesario para que "forme parte dos emblemas da cidade". Durante a rolda de presentación, felicitou a organizadores e patrocinadores privados por continuar con este proxecto que este año se organizará os próximos 7, 8 e 9 de agosto.

xoves, 4 xuñ 2015
1433423373marisquino.JPG
O Marisquiño chegará a Vigo na súa décimo quinta edición os próximos 7, 8 e 9 de agosto na súa versión máis tecnolóxica, segundo os propios organizadores. Durante a rolda de presentación na que participaron, entre outras autoridades, Abel Caballero e Carmela Silva, os promotores aseguraron que este ano organizarase unha homenaxe ao skate -disciplina coa que naceu o festival- e á cidade de Vigo.

O alcalde de Vigo iniciou a súa intervención felicitando aos organizadores e patrocinadores privados por ser quen de proseguir con este proxecto a pesar da difícil situación económica que estamos a atravesar. Neste punto, apuntou que "toda a cidade, toda Galicia, España e Europa celebra este acontecimiento", a mayor atracción deportiva que se celebra nesta cidade. Reiterou todo o apoio que sexa preciso para que este festival "forme parte dos emblemas da cidade para converter a Vigo nestes días no centro de Europa".

Carmela Silva, pola súa banda, ratificou a "importancia" deste evento no "que Vigo se vuelca" e que xa é un referente. Na súa opinión, O Marisquiño, non podería estar noutra cidade porque é unha peza fundamental "no Vigo que xa é un modelo en cultura urbana". A tenente de alcalde rematou felicitando aos organizadores e lembrou que o goberno local apostou "como ningúen" por este proxecto desde o primeiro momento.


Tal e como se explicou na rolda de prensa, esta edición estrenará unha App que mide os saltos dos deportistas e aboga pola emisión das probas a todo o mundo a través de Internet. Respecto do público asistente, a previsión da organización é superar os 100.000 visitantes do ano pasado, con máis de 1.300 deportistas sobre as pistas que se instalarán, unha vez máis, no Paseo das Avenidas.
Descargar todas as imaxes