O goberno de Vigo garante a tramitación de todas as solicitudes sociais aos cidadáns
O alcalde compreometeuse esta mañá a que todos os cidadáns que así o desexen poderán solicitar a súa achega do Plan de Axudas Extraordinarias a familias aínda que o prazo para obter número remate mañá. Os servizos sociais municipais seguirán tramitando peticións os próximos días a todos os que entre hoxe e mañá recollan a súa quenda.
O Concello xa recolleu máis de 2.000 solicitudes para o Plan de Axudas Extraordinarias para Familias dotado de 2 millóns de euros e seguirá tramitando peticións ao longo dos próximos días a todos os que soliciten o seu número entre hoxe e mañá. Tal e como explicou o rexedor, ninguén se vai quedar sen solicitar a súa achega para aluguer, electricidade ou alimentación xa que os servizos municipais seguirán recollendo peticións nos próximos días, aínda que mañá remate o prazo para obter quenda.
O rexedor tamén deu conta da aprobación do proxecto de colaboración coa Agrupación de Centros deportivos e culturais para a organización do programa Vente con nós. Cun orzamento de 13.500 euros, esta cooperación permitirá oragnizar un ciclo de música e danza tradicional, ademais da Semana de Teatro Afeccionado por distintos barrios e parroquias de Vigo. Participarán 18 grupos de música e 5 grupos de teatro que realizarán 41 actuacións.