Caballero rubrica un convenio de apoio ao primeiro equipo e á base do AMFIV
Segundo o convenio asinado este martes polo alcalde e os responsables do club deportivo, o goberno de Vigo achega 48.000 euros para respaldar ao primeiro equipo, como club de elite no baloncesto en cadeira de rodas, e tamén para "intensificar" a súa división de base.