O Concello colabora co programa de respiro familiar da Fundación Menela
O alcalde de Vigo asinou hoxe martes un convenio de colaboración por valor de 8.000 euros coa Fundación Menela. Segundo explicou posteriormente, en rolda de prensa, o obxectivo é desenvolver un programa de respiro familiar a cuidadores de persoas con discapacidade.