O alcalde pide a construcción de máis vivendas de promoción pública en Vigo
Castrillo asegura que a construcción de Navia serviu para moderar a alza do prezo da vivenda na cidade.
DISCURSO DO ALCALDE NA INAUGURACIÓN DA URBANIZACIÓN DE NAVIA
O que hoxe ven vostedes aquí é un excelente exemplo do que da de sí o traballo conxunto de duas administracións empeñadas en levar adiante un proxecto beneficioso, eu diría máis, necesario, para a nosa cidade. O desenvolvemento deste Plan Urbanístico é unha mostra de cooperación leal entre a Xunta e o Concello de Vigo na que non se aforraron esforzos para buscar de forma consensuada solucións aceptables a todas as dificultades que se presentaron.
Navia será pronto un gran barrio de Vigo, no que catro mil familias residirán tendo ao alcance da man unhas modernas instalacións deportivas, equipamentos educativos e sanitarios e unha zona verde de extraordinarias dimensións, máis de 80 mil metros cadrados, que conformarán o maior parque da nosa cidade. Navia será un barrio que disporá de todos os servicios urbanos e que estará magnificamente comunicado, xa que terá un enlace directo co segundo cinto de circunvalación, outra importantísima obra que moi pronto veremos principiar.
Navia ten outra virtude que me interesa destacar especialmente. Estamos ante unha obra de promoción pública que serviu para poñer no mercado unha ampla superficie de solo urbanizado, unha obra que facilitará a construcción dunha boa cantidade de vivendas de protección oficial.
Nos últimos tempos estamos a escoitar queixas razonables sobre o excesivo incremento do prezo da vivenda en España. Estamos ante un problema moi serio, pois afecta a un dereito fundamental recollido na constitución, o dereito a dispor dunha vivenda digna. Son moitas as persoas para as que ese dereito convírtese en utopía por mor do encarecemento dos prezos.
Vigo non é unha excepción nesa carreira á alza do prezo da vivenda, pero afortunadamente, a evolución do mercado ten na nosa cidade un perfil máis moderado a causa, entre outras razóns, da importante intervención pública que supuxo este polígono de Navia.
Estou convencido de que o mellor sistema para frear o incremento do prezo da vivenda é o de seguir impulsando proxectos urbanísticos de promoción pública e fomentando a construcción de vivendas protexidas. Para os que apostamos por unha acción política orientada ao equilibrio social mediante a redistribución da riqueza, esa política de vivenda é unha das mellores contribucións que se poden facer dende as administracións ao benestar dos cidadáns.
É por iso que o Concello de Vigo apoiará de forma entusiasta calquera iniciativa deste tipo que a Xunta queira desenvolver na nosa cidade. En Vigo é precisa a construcción de máis vivendas protexidas. Como Alcalde quero manifestarlle neste momento que atopará a máxima colaboración do Concello para afrontar proxectos deste tipo.
Para rematar, gustaríame felicitar a todos os técnicos tanto da administración autonómica como da municipal que traballaron conxuntamente para facer realidade este proxecto, un dos máis ambiciosos e importantes realizados en Vigo nos últimos tempos.
Descargar todas as imaxes