Escoitar

O Concello prima o gasto social nos presupostos de 2003

martes, 12 nov 2002
imx1976.jpg
Xavier Toba
O concelleiro de Facenda, Xavier Toba, presentou o proxecto de presupostos do Concello de Vigo para o ano 2003, que será sometido a aprobación do pleno da corporación este mesmo mes. Os orzamentos acadan a cifra de 170.157.443 euros, un novo récord na historia da cidade.

Xavier Toba explicou que os presupostos do vindeiro ano están orientados a rematar os programas de actuación desenvolvidos polo Goberno municipal durante os últimos anos. Neste sentido, os investimentos céntranse en completar a rede de saneamento do rural, en continuar cos proxectos de rexeneración do litoral, en rematar a construcción das grandes dotacións culturais e en avanzar no proceso de humanización das rúas da cidade.

O capítulo de investimentos representa o 11% do presuposto e financiase con fondos xestionados polo Concello ante a Unión Europea e co recurso á débeda. Toba salientou que só se vai subscribir débeda pola cantidade que se vaia amortizando, tal e como se fixo nos exercicios anteriores.

O concelleiro de Facenda fixo especial fincapé na orientación social dos orzamentos e puxo como exemplo o volume de diñeiro que se dedica aos Plans de Emprego municipais, os máis ambiciosos de Galicia, ás subvencións do transporte público ou á mellora do equipamento dos centros de ensino públicos.

RESUMO DO PROXECTO DE PRESUPOSTOS DE 2003

INGRESOS (millóns de euros)

Capítulo I (Impostos directos) ------------- 74,3
Capítulo II (Impostos Indirectos) ---------- 4,6
Capítulo III (Taxas e outros ingresos) ----- 22,5
Capítulo IV (Transferencias correntes) ---- 47,8
Capítulo V (Ingresos patrimoniais) --------- 1,8
Capítulo VII (Transferencias de capital) --- 4,2
Capítulo VIII (Activos financeiros) -------- 0,6
Capítulo IX (Pasivos financeiros) ---------- 14,2


GASTOS (millóns de euros)

Capítulo I (Persoal) ------------------ 46,8 (27,49%)
Capítulo II (Gasto corrente) ----------- 62,6 (36,76%)
Capítulo III (Gastos financeiros) ----------- 7,3(4,31%)
Capítulo IV (Transferencias correntes) ----- 16,1 (9,48%)
Capítulo VI (Investimentos reais) ----------- 18,5 (10,85%)
Capítulo VII (Transferencias de capital) ---- 0,5 (0,29%)
Capítulo VIII (Activos financeiros) -------- 0,7 (0,42%)
Capítulo IX (Pasivos financeiros) -------- 17,6 (10,36%)


INVESTIMENTOS (partidas máis salientables)

Saneamento rural ----------------- 3.070.240 euros
Rexeneración do litoral ------------- 219.090
Musealización do xacemento de Toralla -------- 558.847
Parque de Barreiro ------------------- 833.928
Polideportivo de Bouzas ---------------- 781.316
Acondicionamento de rúas ---------------- 3.114.790
Humanización do Calvario --------------- 870.017
Humanización do contorno de Príncipe --------357.407
Centro Cultural e Auditorio de Teis ------- 575.942
Centro Socio-cultural de Saians --------------397.819
Casa das Palabras ---------------------- 1.954.865
MARCO ----------------------------901.518
Coche escaleira de bombeiros -------------------600.000
Alumeado público nos barrios ------------------98.425
Plan de calidade turística -------------------75.000

OUTRAS PARTIDAS IMPORTANTES

Programas de fomento do emprego ---------------------- 2.403.133 euros
Subvención do transporte público ------------------------ 4.808.096
Melloras en centros educativos públicos ---------------- 1.033.845
Descargar todas as imaxes