Ultímanse os preparativos para o acto homenaxe ás víctimas da batalla de Rande
A Concellería de Cultura organiza un acto homenaxe da cidade de Vigo ás víctimas da batalla de Rande no estreito. Discursos, unha actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño e unha ofrenda floral de catro coroas representativas de cada país (Francia, Inglaterra, Holanda e España) son algunhas das actividades previstas para o luns 21 de outubro.
A Concellería de Cultura emprendeu en 2001 o compromiso de promover a conmemoración do terceiro centenario da Batalla de Rande, ou Batalla de Vigo, como é coñecida internacionalmente. Ademais do significado do fito histórico no contexto da Guerra de Sucesión (1700-1713), a batalla de Rande puxo en marcha un fermoso mito, o dos tesouros de Rande, que en trescentos anos non parou de mover a imaxinación de artistas, escritores e aventureiros.
A conmemoración contrapón, trescentos anos despois do acontecemento, unha reivindicación pacifista e de concordia entre os pobos que se é certo que estaban enfrontados militarmente no comezo do século XVIII, no abrente do século XXI configuran unha sólida e fraternal comunidad no seno da Unión Europea e doutras organizacións supranacionais.
Así, o ano 2002 converteuse no ano do Tricentenario da Batalla de Rande, Vigo 2002. Por tal motivo, a Concellería de Cultura acompaña programación deste ano, co logotipo da conmemoración e asume o compromiso de difundir cantas actividades se desenvolvan para conmemorar a data histórica, independentemente da entidade ou institución que a organice, tanto nos órganos de difusión que son propios da concellería, como no desenvolvido específicamente para promover o coñecemento do Tricentenario, a través da web www.vigo2002.com e www.rande2002.com.
Ademais do logotipo, dúas accións específicas teñen colaborado na perpetuación da imaxe da conmemoración: o carimbo postal ou mataselos emitido pola Dirección Xeral de Correos e Telégrafos e o billete de lotería correspondente ó sorteo do sábado 28 de setembro de 2002 emitido polo ente público Organización Nacional de Loterías e Apostas do Estado (ONLAE). Ámbalas dúas accións son froito das mocións presentadas diante do Pleno da Corporación do Concello de Vigo e do Pleno do Senado polo concelleiro de Cultura e senador, Carlos A. González Príncipe.
Dando cumprimento ó compromiso da difusión das actividades organizadas co gallo do III Centenario da Batalla de Rande, a concellería de Cultura inclúe neste e noutros elementos de difusión, tanto a súa programación como a desenvolvida por outras institucións e entidades de calquera índole.
Programa
Sábado, 19 de outubro de 2002
12:00- Visita da tripulación do patrulleiro ”L´Audacieuse” buque da Mariña de Guerra Francesa, ao Museo do Mar de Vigo á exposición ”Vigo, 1702 arde o mar”.
13:30- Almorzo ofrecido pola Concellería de Cultura no restaurante Puesto Piloto á tripulación do buque ”L´Audacieuse”.
15:30- Visita guiada panorámica a Vigo.
19:00- Recepción Recepción ofrecida polo concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, no pazo-museo Quiñones de León.
Luns, 21 de outubro
11:30- Chegada das autoridades ao patrulleiro ”L´Audacieuse”, buque da mariña francesa atracado na dársena da Laxe e saída ao estreito de Rande.
12:00- Acto homenaxe da cidade de Vigo ás víctimas da batalla de Rande no estreito. Haberá discursos, unha actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño e unha ofrenda floral de catro coroas representativas de cada país (Francia, Inglaterra, Holanda e España).
Descargar todas as imaxes