Escoitar

Todos os grupos se comprometen a abrir no 2014 a piscina e o campo de fútbol da ETEA

O Pleno do Concello comprometeuse por unanimidade a que ao longo de 2014 se abran ao público a piscina e o campo de fútbol da ETEA. A moción do PP aprobada na sesión plenaria desta mañá tamén insta a mudar a superficie dos terreos de xogo dos campos de fútbol de Samil e As Travesas.

luns, 28 out 2013
Todos os grupos asumiron por unanimidade o compromiso da abrir ao público, ao longo do ano 2014, a piscina municipal do complexo deportivo de a ETEA, así como á posta en funcionamento do campo de fútbol no mesmo lugar. PSOE e BNG apoiaron unha moción do PP na que tamén se solicita ao Goberno que mude a superficie artificial dos terreos de xogo dos campos de fútbol de Samil e de As Travesas.

Outra moción popular que hoxe recibiu luz verde, neste caso só cos votos dos concelleiros do PP e as abstencións de PSOE e BNG, insta ao Goberno local a avalíar a situación das traballadoras que non foron renovadas nos centros cívicos municipais. O texto defendido pola concelleira Alexia Alonso solicita que o Concello as inclúa en próximas convocatorias de plans de emprego municipal.