xoves, 31 out 2013
Abel Caballero deu conta das obras que se acometeron ao longo deste ano nos cemiterios municipais. O montante destes traballos ascende aos 100.000 euros e inclúe melloras nos camposantos de Teis, Pereiró, Beade e Lavadores.
xoves, 31 out 2013
Abel Caballero informou dos asuntos abordados hoxe xoves na Xunta de Goberno Local, onde se aprobou o convenio coa Federación de Peñas Recreativas El Olivo para a realización do tradicional magosto na Praza do Berbés. Tamén se autorizou unha nova edición do EnlazaVigo, acción para loitar contra a violencia machista.
xoves, 31 out 2013
Oito actuacións para nenos e outras tantas para adultos conforman a programación do Auditorio Municipal que arranca o venres, 1 de novembro.
Concerto ULOBIT + KANUKANANINA (Miguel Pipa)<br />
Obradoiro CIRCUIT BENDING (Miguel Pipa)
xoves, 31 out 2013
VERTIXE VIGO’13 é unha nova proposta de concertos e actividades que ofrece unha panorámica ampla da creación sonora internacional. Organizada por Vertixe Sonora —un dos colectivos máis destacados na súa aposta pola música contemporánea e polo diálogo e a confluencia entre música e outras artes— en cooperación con Musicadhoy, conta coa colaboración do MARCO, onde ten lugar unha parte dos concertos e obradoiros.
xoves, 31 out 2013
O luns, 4 de novembro, ás 19.00h comezan, na Fundación Laxeiro, estas xornadas sobre arte e xénero, impartidas pola consultora en cuestión de xénero, Dolores Ruiz e coordinadas polo Profesor titular da Universidade de Vigo Ignacio Pérez – Jofre Santesmases.