O goberno local abonou 153,1 millóns en pagos a proveedores, o 99,9% do importe facturado
Así o explicou este luns, en sesión plenaria, a concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, no tocante á execución do orzamento do Concello correspondente ao terceiro trimestre de 2013. A edil indicou ademais que as obras e servizos iniciados ata o momento supón o 73,6% do total reservado para este ano.
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo, en sesión ordinaria celebrada hoxe luns, tomou coñecemento do informe do interventor sobre o estado de execución dos gastos e ingresos do orzamento do Concello para 2013, correspondente ao terceiro trimestre do ano.
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, asegurou que o goberno local xa iniciou obras e servizos polo 73,6% do total orzamentado, un 68% dos 18 millóns de euros reservados para investimentos xa está "en marcha" así como o 73% dos cartos para transferencias a entidades. A socialista tamén apuntou que o Concello ten en execución todos os programas de emprego para este exercizo, por importe superior aos seis millóns de euros.
Durante a súa intervención, a responsable da área económica municipal incidiu no abono das facturas presentadas ante o Concello. Segundo figura no informe, o goberno de Vigo xa pagou 153,1 millóns de euros a proveedores dos 153,2 millóns facturados á administración municipal, é dicir, o 99,9% do total.
Pola súa banda, os grupos da oposición, BNG e PP, amosáronse "preocupados" polo que calificaron de mala xestión do goberno de Vigo xa que o nivel de execución do terceiro trimestre é do 60% de media. Nacionalistas e populares singularizaron a súa denuncia nas partidas de bolsas e investimentos públicos.