Escoitar

O alcalde compomete "apoio" á cultura na presentación do Outono Lírico de Amigos da Ópera

O alcalde, Abel Caballero, e o director artístico, Daniel Diz, presentaron a programación de outono da Asociación, co patrocinio do Concello. Ademais de concertos de piano e conferencias, o Centro Cultural Novacaixagalicia acollerá representacións de Manuel de Falla, Sorozabal e Verdi.

luns, 23 set 2013
1379941419opera.JPG
Abel Caballero felicitou a Amigos da Ópera polo seu traballo e indicou que, "nesta cidade, todos aqueles colectivos que desenvolven cultura teñen o noso apoio".

O Outono Lírico 2012+1, como así nomearon ao cartel de tempada, reforza este ano os grandes eventos, grazas á entrada do Concello como patrocinador, tal e como apuntou Diz. Serán tres as representacións que acollerá o Centro Cultural Novacaixagalicia como pratos fortes, todos estes ás 20:30 horas e con entradas á venda en Servinova: O Amor Bruxo, de Manuel de Falla -o 4 de outubro-; "La del Manojo de Rosas", de Pablo Sorozabal -o 9 de novembro-; e "Il Trovatore", de Verdi -o 22 de decembro-.

A programación continúa cos concertos de piano -con entrada libre- no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Polo bicentenario do nacemento dos dous compositores, pianistas representarán as paráfrases de Liszt, con entrada libre, sobre as óperas de Verdi (o 25 de outubro ás 20:30 horas, co vigués Severino Rey Ortiz ao piano) e sobre as óperas de Wagner (o 29 de outubro ás 20:30 horas, a cargo de Anne Böels).

O ciclo de conferencias "No crepúsculo do bicentenario Verdi-Wagner", tamén de acceso gratuito, incorpora ponencias sobre ambos autores. "Wagner en imaxes: as mellores escenografías do s. XXI", impartida por Guillermo García Alcalde, terá lugar o 4 de novembro, ás 20 horas, no Auditorio municipal do Arenal. "O Verdi Hispánico", por Andrea Merli, será o 8 de novembro ás 20:30 horas, no auditorio da delegación da Xunta en Vigo. Esta mesma sede acollerá a mesa redonda "O Trovador: a eterna lei do desexo", coa participación de Victoria Stapells, Arturo Reverter, Carlos E. Pérez, José Mª Miranda e o propio Daniel Diz, o vindeiro 18 de novembro ás 20:30 horas.
Descargar todas as imaxes

Máis información