Caballero destaca a automoción como exemplo dun sector capaz de combater a crise en Vigo
O alcalde de Vigo fixo unha análise pormenorizada da situación económica que estamos a atravesar, cunhas consecuencias "demoledoras" que obrigan a remontarse ata 1930 para atopar un contexto negro similar. Durante un acto promovido polo Banco Santander e o Faro de Vigo, Caballero referiuse á automoción como un dos sectores capaces de facerlle frente á crise nunha cidade que tamén destaca polo seu carácter emprendedor.
Abel Caballero repasou a situación económica da cidade durante o acto organizado hoxe no Hotel dos Escudos baixo o título: Vigo proxecto inversor Banco Santander e Faro de Vigo. Acompañado por concelleiros, empresarios, sindicatos e representantes da sociedade civil, o rexedor destacou a automoción como unha das unidades produtivas da cidade que son capaces de combater unha crise de consecuenencias "demoledoras" como a que estamos a vivir. Comezou remontándose a 1930, outro negro episodio da economía mundial, explicando que nese momento, en lugar de proporcionar liquidez e crédito ás empresas optouse pola restricción económica. Na actualidade, precisou, estes resultados nun mundo globalizadon son moito máis graves. Tal e como dixo, vivimos na presión a presión dunha crise que deixa sentir os seus efectos e na que as autoridades monetarias non son capaces de facer un prantexamento diferente.
Non obstante, matizou, no medio desta tormenta atopamos unidades produtivas en España, en Galicia e en Vigo que están a facer o seu traballo. No ámbito local, referiuse á automoción, con exemplo de Citroën, cunha estrutura produtiva que ten o seu contorno ben trazado. Durante a súa comparecencia, tamén aludiu á "enorme" capacidade emprendedora da cidade.
Situou o nivel de débeda do Concello nun 24%, cando o promedio das cidades do Estado é do 110%, e destacou a tramitación da amortización para chegar á débeda 0. Non esqueceu os plans de emprego municipais, que non se incrementou a presión fiscal, e o equilibrio orzamentario.
Tax lease
trasladou ao público a "inmensa preocupación" pola retroactividade do tax lease ao tratarse dunha paradoxa inasumible que o novo tax lease se frustre por un axuste equivocado de contas co pasado.
Descargar todas as imaxes