O alcalde de Vigo reitera a necesidade de facer unha "fronte común" para evitar o "enterro do naval"
Abel Caballero tildou hoxe xoves de "inxusta" a eventual resolución europea que obrigaría a devolver boa parte das bonificacións fiscais do naval desde o ano 2005. Avanzou o seu apoio á manifestación convocada esta tarde polos sindicatos porque esta decisión do comisario de Competencia, Joaquín Almunia, provocaría danos "irreparables" no sector.
O rexedor reiterou a súa demanda ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de actuar como "catalizador" na convocatoria dun "frente común" institucional e político para defender o naval dunha eventual resolución europea que obrigue a devolver boa parte das bonificacións fiscais do tax lease desde o ano 2005. Na súa opinión, a resolución que parece estar a anticipar o comisario de Competencia, Joaquín Almunia, no Consello de Europa, é "inxusta, non se atén á lei e terá uns danos irreparables". Neste punto, avanzou o seu apoio á manifestación convocada esta tarde polos sindicatos porque esta decisión será o "enterro do naval".
Caballero, quen admitiu que xa lle transmitira nunha conversa previa ao responsable europeo o seu rexeitamento a "este ataque sen precedentes ao sector", engadiu que o naval sempre cumpriu as regras marcadas polo Goberno Central e reclamou para España o mesmo dictamen que recibiu Francia no ano 2005.
Durante a súa intervención, destacou que aínda hai tempo para modificar esta decisión e reiterou ao presidente galego o emprazamento a encabezar unha movilización institucional, política,sindical e empresarial, coa que seguro contan, dixo, co ministro de Industria, José Manuel Soria, quen lle trasladou a súa opinión contraria a esta hipotética resolución, así como co secretario xeral dos socialistas, Alfredo Pérez Rubalcaba.
Descargar todas as imaxes