Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 27 xuñ 2013

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 28 DE XUÑO DE 2013.


1.- Actas das sesións ordinaria e extraordinaria urxente do 14 de xuño de 2013.

CONTRATACIÓN
2.- Proposta de alleamento de 164 vehículos para chatarra. Expte. 4520/241.

3.- Corrección erros acordo de adxudicación do servizo de limpeza da Casa do Concello e das súas dependencias. Expte. 1316/440.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
4.- Solicitude do Concello de Tomiño, de préstamo de dúas obras de Antonio Fernández, para exposición temporal. Expte. 4853/337.

5.- Expediente de contratación de prestación de servizos para a actuación artística de Melendi no Auditorio de Castrelos. Expte. 5128/335.

DEPORTES
6.- Solicitude autorización para a realización do Programa de deportes de verán "Verandeportivo 2013", na praia de Samil. Expte. 12201/333

ELECTROMECÁNICOS
7.- Solicitude de subvención á Consellería de Economía e Industria para o soterramento de infraestruturas eléctricas 2013. Expte. 14829/444

EMPREGO
8.- Proposta de aprobación da convocotaria de selección e contratación de persoal: Programa "Vigo Emprega" 2013. Expte.9863/77.

FOMENTO
9.- Proposta de aprobación do proxecto técnico de adecuación de parcela para aparcadoiro no Polideportivo de Navia. Expte. 2364/443.

IGUALDADE
10.- Solicitude de subvención á Secretaría Xeral de Igualdade para a promoción da igualdade. Expte. 5970/224.

INTERVENCIÓN
11.- Libramentos a xustificar.

PATRIMONIO HISTÓRICO
12.- Convenio de colaboración coa Asociación de comerciantes e hostaleiros "Vigo Vello" e coa Sociedade galega para a difusión e conservación do patrimonio para o desenvolvemento dun programa de comercio á rúa. Expte. 6851/307.

RECURSOS HUMANOS
13.- Execución Sentenza do Xulgado do Social Núm. 1, sobre despedimento. Demandante Dª Mª José García Oliveira. Expte. 24154/220

SERVIZOS
14.- Indemnización substitutiva pola realización do "Proyecto Compass 4D". Expte. 1901/440.


15.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes aos expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día vinte e oito de xuño de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese aos Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e aos demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 25 de xuño de 2013.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.