O alcalde de Vigo apoia a loita do Grupo Imán no Día Mundial da Sida
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou no acto que hoxe venres organizou na Lonxa do Concello o Grupo Imán con motivo do día Mundial da Sida. Un ano máis, os membros deste colectivo, reúnenese para concienciar á sociedade da importancia de prevención na loita contra esta enfermidade.